A Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI) é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e constituída por 53 asociacións e delegacións, o que a converte na entidade máis representativa de discapacidade en Galicia. Presta servizos ás persoas con discapacidade e xestiona directamente 14 iniciativas empresariais de economía social que forman parte do Grupo COGAMI, que emprega a máis de 500 persoas con discapacidade.

Moitos dos servizos que presta COGAMI, así como algunhas das súas iniciativas empresariais, xurdiron a partir de proxectos europeos nos que a entidade participa dende hai máis dunha década.

Os proxectos sociais que xestiona están dirixidos ás persoas con discapacidade para conseguir a súa plena inclusión na sociedade. Presta servizos a empresas e destina os beneficios acadados á implementación de novos proxectos de acción social.

Showcases

Background Image

Header Color

:

Content Color

: