En ACTIVA Social somos responsables da contratación laboral en función das necesidades de persoal das empresas e/ou organización, adaptándonos ao perfil que solicita a empresa en base ás habilidades, coñecementos e destrezas que requira o posto.
Selección
Os nosos procesos de selección garanten:
- A idoneidade do persoal contratado cos requisitos dos nosos clientes.
- A rapidez na posta a disposición do traballador, cumprindo sempre os prazos acordados.
Os pasos que seguimos son:
- Demanda por parte da empresa.
- Reunión coa empresa e definición do posto.
- Recrutamento co apoio do Servizo de Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI.
- Probas de selección
- Informe final á empresa para a toma de decisións.
Seguimento do persoal
Realizamos un seguimento profesional das/os traballadoras/es e avaliamos, ao mesmo tempo, o grado de satisfacción dos servizos ofrecidos por parte do/a cliente/a.
Asesoramento
ACTIVA SOCIAL asesora ao cliente na adaptación do posto de traballo e acompaña ao traballador na incorporación á empresa. Ademais,
se a organización decide incorporar á persoa traballadora contratada de Activa Social ao seu cadro de persoal, ofrecemos tamén asesoramento en temas fiscais, laborais, incentivos, etc.
A información anterior podemos reflexala cun gráfico:
Como traballamos?