ACTIVA SOCIAL, TRABALLO TEMPORAL, S.L. é unha empresa creada por COGAMI en 2013 (nº de autorización administrativa 15/0005/13) co obxectivo de ofrecer solucións de contratación temporal ás empresas de Galicia que buscan integrar persoas con discapacidade aos seus cadros de persoal.

ACTIVA SOCIAL, AXENCIA DE COLOCACIÓN

ACTIVA está autorizada polo SEPE (Servizo Público de Emprego) co código 1200000023, para a realización de actividades de intermediación laboral cunha dobre finalidade: proporcionar ás persoas traballadoras un emprego adecuado ás súas características e facilitar aos empregadores as persoas traballadoras máis adecuadas aos seus requirimentos e necesidades.

Como axencia de colocación, ACTIVA garante:

  • Ás persoas traballadoras a gratuidade pola prestación de servizos tanto de intermediación laboral como doutras actuacións. relacionadas coa busca de emprego.
  • Os principios de igualdade e non discriminación no acceso ao emprego.
  • O respecto á intimidade e dignidade das persoas traballadoras no tratamento de datos.
  • O cumprimento das normas de accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Showcases

Background Image

Header Color

:

Content Color

: