Presentación

A través do labor que desenvolve COGAMI para a inserción laboral de persoas con discapacidade e do contacto con más de 8800 empresas en Galicia, detectouse a necesidade da creación dunha alternativa de traballo temporal para aquelas organizacións que precisan reforzo de persoal en momentos puntuais, por características concretas do seu sistema produtivo que ademais servirá como ponte entre a empresa e a persoa traballadora, de cara a establecer unha relación laboral directa no futuro.

Por outra banda, a atención a todos os grupos de interese e a incorporación da dimensión da discapacidade como medida de Responsabilidade Social Corporativa, é unha preocupación crecente entre as empresas que conforman o tecido empresarial galego.

A raíz destas reflexións, ACTIVA SOCIAL ETT, pasa a ser a máis recente iniciativa empresarial de COGAMI, coa que se consegue ofrecer un servizo integral de apoio á incorporación de persoas con discapacidade, a empresas e entidades que evolucionan cara un modelo claro de ética empresarial.

Showcases

Background Image

Header Color

:

Content Color

: